lunes, 20 de diciembre de 2010

AIA consegue, 15 meses despois, que Lolo Penas sexa Fillo Predilecto de Arzúa


O goberno de Arzúa vai nomear,por fin, a Lolo Penas como Fillo Predilecto de Arzúa. Foi despois de que dende AIA fixeramos esta proposta hai case ano e medio porque consideramos inxusto que un dos mellores atletas internacionais que temos non conte cun recoñecemento institucional na súa terra. Unha terra que, ademais, promociona alá onde disputa calquera carreira. No seu momento xa puxemos enriba da mesa o feito que sería importante e de xustiza que os catro partidos políticos que conformamos a corporación municipal apoiaramos por unanimidade esta declaración.
En temas coma o da difusión de persoas con traxectorias tan destacadas e exemplarizantes como a de Lolo Penas non caben persoalismos nin políticas de ningún tipo, senón a unión de todos os representantes municipais en favor da difusión de conductas que son un exemplo de esforzo e adicación.
Aproveitamos tamén estas liñas para felicitar de corazón a Manuel A. Penas Blanco. Un humilde rapaz de A Mella que está no mellor da súa carreira no mundo do atletismo. Son milleiros de horas de traballo que dan os seus froitos na súa participación nas mellores carreiras nacionais e internacionais. E de seguro que aínda vai dar moito que falar. Noraboa, Lolo. Agardamos que este sinxelo recoñecemento sirva para darche azos de cara a seguir sumando títulos no teu palmarés. O dito, de xustiza.

Tierras de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario