domingo, 27 de marzo de 2011

REGINA CASTRO ELIXIDA CANDIDATA DE AIA-ARZUA PARA AS ELECCIONS DO 22 DE MAIO


La asamblea de la Agrupación de Independientes de Arzúa (AIA) ha elegido a Regina Castro como candidata de la formación a la alcaldía para las elecciones del próximo 22 de mayo. Será la segunda vez que Castro concurra a los comicios municipales como cabeza de lista del grupo independiente, actualmente representado en el Concello por Óscar Taboada después de que la alcaldable renunciase a su acta de edil por razones personales.

Regina Castro, elegida como candidata por unanimidad, asume su regreso a la política «con ilusión, con moitas ganas de traballar e comprometida para que Arzúa teña un novo goberno nun momento no que a vila se atopa cun importante parón industrial co conseguinte estancamento urbanístico, e cun goberno, o do BNG, que goberna só para uns poucos». La candidata independiente avanzó que, en próximas fechas, se dará a conocer la lista electoral, que se procurará esté integrada por representantes «dunha ampla variedade de sectores» y combinará «xuventude con experiencia».


LA VOZ DE GALICIA

viernes, 25 de marzo de 2011

AIA pide que o candidato do PP deixe de exercer funcións na radio municipal

Arzúa, 24 de marzo de 2011.- AIA-Arzúa ven de presentar no Rexistro do Concello unha solicitude ao Alcalde para que canto antes se convoque o Consello de Radio Arzúa ou unha Xunta de Voceiros co fin de valorar a situación de Armando Cascón, candidato do PP ás eleccións municipais, dado que consideramos incompatible ser número 1 dunha lista coas súas funcións ante os micrófonos e a dirección da emisora local. Parécenos éticamente reprobable e moi pouco profesional que a día de hoxe, vinte días despois da súa proclamación pública, siga exercendo ante os micrófonos, sendo el o encargado de seleccionar qué información procedente dos outros grupos políticos se emite ou non. Evidentemente, a imparcialidade neste caso cremos que brilla pola súa ausencia, considerando ademais que falamos en termos locais.

Asemade, queremos lembrarlle ao Partido Popular e a Armando Cascón que eles, que tanto enarbolaban a bandeira contra o BNG polo uso de medios municipais para o reparto dun CD promocional do concello, agora fan xusto o mesmo, só que a súa canle se chama Radio Arzúa. Para nós, ningunha das dúas cousas é lícita, ética ou moral. De todos os xeitos, agardabamos, neste caso, que o propio director de Radio Arzúa tomase de motu propio a decisión de apartarse do seu posto temporalmente, cousa que non aconteceu. Pensabamos que por ética profesional deixaría de lado as súas funcións, cando menos ata o 22 de maio.

Nós entendemos que a situación afecte persoalmente a Armando Cascón, pero el sabía perfectamente cales eran as consecuencias de aceptar o liderato da candidatura dun partido político. Por tanto, esiximos madurez e sentido común ao Director de Radio Arzúa ante esta situación. Este sería un bo momento para que comece a demostrar con feitos as súas intencións no caso de ser Alcalde de Arzúa; e, polo que vemos, o discurso pouco ten que ver coa práctica.

miércoles, 16 de marzo de 2011

martes, 15 de marzo de 2011

Los independientes de Arzúa confirman su lista electoral

La Agrupación Independiente de Arzúa (AIA) ha confirmado que concurrirá como partido político a las elecciones municipales de mayo «con novas incorporacións e persoas preparadas que, nalgúns casos, son alleas ao mundo da política e noutros regresan a el», tal y como indican en un comunicado para desmentir «que algún membro de AIA vaia presentarse ás eleccións baixo as siglas doutro partido». Desde la formación independiente rechazan así la incorporación de sus cabezas visibles a las filas del Partido Popular.
La división en el seno del PP arzuano, hace cuatro años, desencadenó en la presentación de la candidatura de AIA, encabezada por Regina Castro, a la que tomó el relevo, tras haber renunciado a su acta edil por razones personales, Óscar Taboada.


La Voz de Galicia

lunes, 14 de marzo de 2011

CARTA A TODOS OS VECIÑOS DE ARZÚA

Estimados veciños e veciñas:

Ante a información malintencionada e engañosa publicada por El Correo Gallego o día 5de marzo, relacionada co cambio de candidato do PP de Arzúa, véxome na obriga de aclararvos unhas cantas cousas, xa que o meu nome foi utilizado para publicar mentiras e iso non o quero nin o debo permitir.
Pedinlle a El Correo Gallego que rectificase a noticia e non o fixo, pedinlle a Radio Arzúa uns minutos para aclarar as mentiras e Armando Cascón, director da mesma, denegoumos; por iso vos envío esta nota, que non vai en contra de ninguén, todo o contrario, pero o nome propio de cada un é algo que forma parte do seu ser, é esencial e non pode ser utilizado con mentiras.
Aclaro, por tanto que eu, Regina Castro, mantiven unha reunión co PP da Coruña no que me propoñen que encabece a candidatura do PP de Arzúa, poñendo eu nese momento como condición indispensable que se celebre unha Asamblea Local, na que sexan os afiliados e afiliadas do PP de Arzúa os que elixan ó candidato ou candidata que eles crean que pode facer o mellor por Arzúa. O único que eu acepto é presentar a miña candidatura a dita Asamblea, comprometéndome a traballar polo PP a partir dese momento, no lugar que os afiliados e afiliadas decidan, séndome indiferente o sitio, xa que estaba e estou convencida de que a partir da celebración de dita Asamblea o PP de Arzúa estaría forte e unido, fose cal fose o candidato ou candidata elixido.
Pasan uns días e o PP da Coruña comunícame que non queren celebrar dita Asamblea, eu dígolles que, si non van a consultar aos afiliados e afiliadas, si van a seguir impoñendo eles, non poden contar conmigo; polo tanto AHÍ REMATA A MIÑA RELACIÓN CO PP.
Nunca dixen nin diría nada destas reunións; o máis necesario é para min que cambie o Goberno de Arzúa, polo ben do meu pobo e dos meus veciños e veciñas.
Pero cal foi a miña desagradable sorpresa ó leer que o PP e El Correo Gallego utilizan o meu nome con mentiras e sen o meu consentimento na nota de prensa, non rectifican a pesar de pedirllo encarecidamente, e iso sí que non llo vou a permitir, o meu nome é meu.
Remato xa repetindo que esta nota non vai en contra de ninguén, pero a verdade é o mellor e único camiño que debemos seguir.

Gracias e sempre á vosa disposición,

Regina Castro
Presidenta da Agrupación de Independentes por Arzúa (AIA-Arzúa)

(Esta carta foi enviada por correo a todos os fogares do concello de Arzúa)

domingo, 13 de marzo de 2011

AIA reitera a súa intención de presentarse ás eleccións municipais do mes de maio


Ante os insistentes e numerosos rumores que circulan por Arzúa, a Agrupación de Independentes para Arzúa (AIA) quere reiterar que, tal e como se anunciou no seu momento, vai concorrer ás eleccións municipais do mes de maio. Ímolo facer baixo a denominación AIA-Arzúa, partido que foi inscrito no Rexistro creado para tal feito polo Ministerio do Interior o 19 de novembro de 2010. Deste xeito, xa non nos presentamos como Agrupación de Electores, como aconteceu nos comicios do 2007, senón como un partido político.

Ademais, queremos aproveitar este comunicado para desmentir que algún membro de AIA vaia presentarse ás eleccións baixo as siglas doutro partido. É máis, AIA conta con novas incorporacións, persoas preparadas que nalgúns casos son alleas ao mundo político e noutros, regresan a el.

Nun prazo de dez días temos previsto ter celebrada unha asemblea con todos os membros de AIA para determinar, por maioría, o nome do candidato/a que encabece a lista que concorrerá aos comicios do 22 de maio.

Pretendemos, con este comunicado, que cesen os comentarios malintencionados que aluden á desaparición de AIA por motivos políticos.


El Correo Gallego

sábado, 5 de marzo de 2011