domingo, 13 de marzo de 2011

AIA reitera a súa intención de presentarse ás eleccións municipais do mes de maio


Ante os insistentes e numerosos rumores que circulan por Arzúa, a Agrupación de Independentes para Arzúa (AIA) quere reiterar que, tal e como se anunciou no seu momento, vai concorrer ás eleccións municipais do mes de maio. Ímolo facer baixo a denominación AIA-Arzúa, partido que foi inscrito no Rexistro creado para tal feito polo Ministerio do Interior o 19 de novembro de 2010. Deste xeito, xa non nos presentamos como Agrupación de Electores, como aconteceu nos comicios do 2007, senón como un partido político.

Ademais, queremos aproveitar este comunicado para desmentir que algún membro de AIA vaia presentarse ás eleccións baixo as siglas doutro partido. É máis, AIA conta con novas incorporacións, persoas preparadas que nalgúns casos son alleas ao mundo político e noutros, regresan a el.

Nun prazo de dez días temos previsto ter celebrada unha asemblea con todos os membros de AIA para determinar, por maioría, o nome do candidato/a que encabece a lista que concorrerá aos comicios do 22 de maio.

Pretendemos, con este comunicado, que cesen os comentarios malintencionados que aluden á desaparición de AIA por motivos políticos.


El Correo Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario