miércoles, 5 de enero de 2011

Aprobación inicial relación de postos de traballo


Enlace BOP 5 de Xaneiro de 2011
Aprobación inicial relación de postos de traballo

ANUNCIO

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria de data 28 de decembro de 2010, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE ARZÚA.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, sométese o expediente a información pública e audiencia polo prazo de trinta días a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os interesados poderán consultar documentación no Departamento de Secretaría, en horario de 9 a 15 horas, e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.

A relación de postos de traballo considerarase definitivamente aprobada si durante o devandito prazo non se tiveran presentado reclamacións.

Arzúa, 29 de decembro de 2010

O alcalde:

Asdo: Xaquín García Couso

2010/18924

No hay comentarios:

Publicar un comentario